domingo, 11 de abril de 2021

#AsArtistas toman as rúas de Vigo.

4 de Setembro de 2018

Este é un proxecto no que levabamos tempo traballando e que esperabamos ter listo para Marzo có festival, pero o mal tempo primeiro e outros compromisos laborais despois fixeron que se retrasase hata agora.

Como xa todos os que seguides este blog sabedes #ARTISTAS é un proxecto artísticosocial có que colaboro con
 Festival Nun Local
, que consiste nun percorrido polas actuacións femininas máis destacadas das tres primeiras edicións do Festival. O principal obxectivo do proxecto é dar visibilidade ao traballo da muller nos diversos eidos artísticos: música, literatura, artes escénicas, deseño gráfico, fotografía etc.
Para que as 34 ilustracións que a día de hoxe forman o proxecto acadasen unha maior difusión e repercusión na cidade de Vigo, iniciamos en Marzo de 2018 unha campaña de colado das mesmas acompañadas dun código QR que dirixía a material audiovisual relacionado con cada unha das artistas representadas, co obxectivo de interactuar có transeúnte e facelo participe da propia acción.



#ARutaDasArtistas - Páxina Web:
Ligazón ao mapa coas localizacións dos murais:
ZONA FLORIDA
Bea (
Heroínas
) - Rúa Fotógrafo José Gil 9
Maraghotas - Av. do alcalde Portanet 22
L-R - Camiño da Espedrigada esq. Av. da Florida
Grupo F - Rúa Eugenio Arbones esq. Av. do Fragoso
Palito - Av. do Fragoso, 59
MOITO MORRO Teatro - Praza da Tellada (Máis que Auga Coia)
Sandra Piñeiro - Rúa fotógrafos irmás Sarabia 2

ZONA HISPANIDADE
Sarah Jane (
Hot Air Balloon
) - Rúa Zamora 71
Sheila Patricia - Rúa Zamora 39
Beehive Vigo - Rúa Zaragoza esq. Barcelona
Su Garrido Pombo - Parque do parking Pintor Colmeiro
Beatriz Martínez Ghaveta - Rotonda da rúa Hispanidad esq. Pintor Colmeiro
Lisa Silva - Hispanidad 92

ZONA CALVARIO
Bea Gea - Rúa Martínez Garrido (grupo de viviendas Rivera Atienza)
Macarena Montesinos - Rúa Dr Carracido 134
ARi Magritte - Rúa José Antela Conde esq. Dr Carracido
Cris Domínguez () - Rúa do Cristo 24
Margarida Mariño - Rúa Palencia esq Rúa do Cristo
Lucía Novas Garrido - Rúa Extremadura 13

CASO VELLO
Ailén Kendelman Mouzo () - Rúa do Príncipe 10
Soraya Paradela () - Rúa Sombrereiros 4
Anna Cañadillas (TilinTilonia) - Rúa oliva esq. Joaquín Yáñez
Azzizza Vagalumes - Rúa Oliva 4
María Pascuala - Rúa Real esq. Travesía da Esperanza
Najla Shami - Rúa Real 11
Mounqup - Escaleiras Teófilo Llorente 55

No hay comentarios: